Compartir

Pop, Psicodelia, Rock Progresivo – S.D. Compostela

O proxecto musical en solitario de Alfonso Espiño (Contrastes, Mega Purple Sex Toy Kit, Los Chavales), compostelán de 1976 ligado ó mundo da música dende hai máis de vintecinco anos. Alfonso afronta esta nova etapa abondando no eido do pop de corte psiquedélico, aderezado con certas pingas de rock progresivo e un chisco de folk-rock.

O músico santiagués amosará a súa faceta máis imaxinativa, apostando pola produción propia e o idioma galego. A súa banda, creada en outubro de 2016, está formada actualmente por Alfonso Espiño ó baixo e voz principal, Brais Sánchez ás guitarras e coros, Alexandro González ós teclados e coros e LAR Legido á batería. A pesares do pouco tempo transcorrido dende o inicio do grupo, Espiño alzouse co primeiro premio do II Certame Galicia Creativa, convocado pola Fundación Autor a finais de 2016, na categoría pop/rock.

Dito premio permitiu á formación gravar un primeiro disco, I, que se presentou en rolda de prensa o 1 de xuño de 2017. O álbum, producido por Alfonso Espiño e Gerardo Amigo, está composto por seis cancións escritas e arranxadas polo propio Espiño, e conta coas colaboracións de Álvaro Crego ás trompetas e trompas e Quim Fariña ós violíns. Ós poucos días da publicación de I, Espiño lanzou o sinxelo dixital Flores, tambores e ilusións, que formou parte da banda sonora da época estival.

En decembro de 2017, Espiño contribuiu ó CD recopilatorio de Xonix Records Nada(l): 13 Panxoliñas Orixinais De 13 Bandas Galegas Actuais coa canción A Noite de Alban Artuan. O paso de Espiño por multitude de festivais nos últimos meses (FelipopNoroeste Estrella GaliciaFeito a ManVive NigránFestival de la Luz, Galegote Rock, Curruncho Pop…) manifesta o interese e o apoio do público e dos programadores polo músico santiagués, que xa traballa en novas melodías que está a presentar nos directos de 2018.

Este ano a súa labor tamén se veu recoñecida ó chegar á final dos prestixiosos V Premios Martín Códax da Música o pasado maio. Espiño estará en solitario no Taller de Creación Musical do festival Monkey Week de Sevilla a finais de novembro, xusto antes de participar coa súa banda no Festival SUNS Europe de linguas minoritarias na cidade de Údine. En ambos eventos será o único representante galego seleccionado.