Compartir

Rock, Jazz, Folk, Soul, Fusión – Galicia

Sisters in the House nació en 2008, con el fin de acercar el soul a todos los públicos , arriesgando incluso con canciones populares de Galicia llevadas hacia este estilo y dándoles un sonido muy personalizado que no pasa desapercibido.

SINOPSE DO ESPECTÁCULO

Delicadeza e forza, emoción e enerxía, diversidade e sororidade son os ingredientes fundamentais do coro Sisters in the House e a receita dos seus concertos. A formación, integrada exclusivamente por mulleres, interpreta clásicos do soul, temas actuais con aires funky, pezas de musicais e cancións populares galegas nun repertorio fiado por arranxos únicos e exclusivos en clave de música moderna que asina a súa directora, Carmen Rey. Intervencións de grandes solistas forxadas na música afroamericana, clásica ou tradicional e de percusionistas de tradición galega, coreografías e unha rolda de presentacións individuais na que cada sister canta un fragmento dunha canción son algúns dos elementos que dan gran dinamismo aos seus concertos. As Sisters acompáñanse dunha banda integrada por guitarra, baixo e batería, que se suman ao piano da directora. Ademais, no repertorio soan temas interpretados só a voces e piano e outros incorporan instrumentos de percusión tradicionais de Galicia ou percusións electrónicas, que enriquecen a paleta de sons dos seus concertos e achegan gran forza e unha perspectiva ecléctica ás súas versións.

TRAXECTORIA

Sisters in the House acumula tres lustros sobre as táboas, con incontables actuacións en salas, clubes, teatros, festivais, auditorios, galas e participacións en diferentes programas de televisión, traxectoria na que consolidou un potente directo. Nos seus 15 anos de percorrido, o grupo colaborou en concertos e gravacións de diversos proxectos musicais e artistas como Guadi Galego ou Ángeles Dorrio. Tamén puxo música ao vivo a eventos como a gala dos Premios Mestre Mateo e foi finalista dos premios Martín Códax na categoría de coros e grupos vocais. Polo seu 15º aniversario, o coro, fundado na coruña en 2008 por Carmen Rey e Ángeles Dorrio, encheu o Teatro Colón da Coruña cun espectáculo no que puxeron sobre as táboas unha síntese do seu percorrido e evolución e no que contaron coas colaboracións de Guadi Galego, Xurxo Fernandes e Nova Galega de Danza.

En 2014 lanzaron su primer disco “Sisters in the House”, donde se puede escuchar 10 canciones de todos estos estilos antes mencionados. . Llevan recorrido  Galicia en los últimos años, llevando su estilo su estilo hasta Vigo, Lugo, Santiago de Compostela, A Coruña, Ourense, Cambre, Arteixo, Carballo, Fene, Noia, etc. Participaron en 2015 en el concurso de la TVG “Oh Happy Day” y en 2016 y 2017 quedaron  entre los tres finalistas en la categoría de coro y grupos vocales en la III y IV edición de los premios Martin Codax  de la Música.

FORMATOS POSIBLES:

  • Con músicos (cuarteto + piano + 20 voces)
  • Con piano e voces (20 músicas)