Baixo Zero fan versións de Pop e Rock español e galego
O grupo formouse a finais do 2023. Comezaron tocando versións rock en salas de Galicia e pequenos eventos. No 2025 enfocaronse máis na verbena adquirindo un camión-escenario, aumentando o repertorio e levandoo a cancións máis populares. Actualmente, realizamos actuacións en eventos e verbenas, onde sempre intentamos que o público sexa participativo e se entregue ao noso show.
O seu repertorio e moi variado, tocando principalmente os maiores éxitos do pop rock español das últimas décadas (Hombres G, M Clan, Fito y Fitipaldis, Radio Futura…), ademais de un popurrí de temas en galego moi coñecidos (Heredeiros da Crus, Siniestro Total, The Rapants) e versións rock de temas populares de artistas como Camela ou Raphael entre outros.
Compoñentes:- Andrés López, Batería, O Saviñao- Abel González, Baixo, Sober- Miguel López, Guitarra, O Saviñao- Luis Alfonso Rodríguez, Guitarra, Monforte- Andrea Parada, Vocalista, Monforte.
