Outro ano máis e xa van 14, Sanfroidance, o festival de música negra e electrónica organizado polo Concello de Lugo e a promotora Trasnosound, vai encher de beats e baile horizontal e vertical a Praza da Soidade de Lugo o Sábado 5 de Outubro de 2019 a partir das 15:00 horas dentro da programación das festas patronais do San Froilán.
Este ano ademais da música, como noutras edicións, o festival conta con actividades paralelas. A sorpresa que ten preparada esta edición é a celebración do I Campionato Nacional de Xiradiscos Portátiles, comisariado polos Dj´s José Rodriguez e Ozetak, dende as 15:00 horas na Praza da Soidade.
A particularidade deste ano respecto dos outros é que os artistas da XIV edición son Galegas e Galegos ou teñen compoñentes Galegos/as nas súas formacións.
A presentación do festival corre da man do Beatboxer Izh-Rhan e a parte visual, que coma en tódalas ocasións consideramos de gran importancia, unha vez máis correrá a cargo do VDJ Lucense Doble K.
A imaxe do cartel anunciador é dun dos grafiteiros máis importantes do país, coñecido tamén internacionalmente polas súas obras de arte, Zeta 1970, e a maquetación corre a cargo da empresa Fusión Activa.
Por orden de actuación nombrámosvos os/as artistas que nos van a acompañar este ano.
Rendi Nue (17:00 horas)
Rapeira e compositora que reside en Santiago de Compostela. Dende moi nova interésase por estilos musicais coma o rap, triphop, neosoul ou reggae-dub, centrando o seu estilo na música urbana e comezou a encher cadernos compoñendo raps e combinando outros estilos musicais coma a electrónica.
Bush Doctors (18:00 horas)
É unha banda de Reggae e Roots fundada no ano 1994. O seu recoñecemento chegaría un ano máis tarde coa súa participación no “The Bright Miracle Show”. Na súa longa traxectoria compartiron escenario con artistas ou bandas internacionais como: Burning Spear, Rita Marley, Sista Carol, Hijas del Sol, Alpha Blondy, Culture, Laurel Aitken, Linval Thompson e Julian Marley entre outros.
Marvin L (19:00 horas)
Artista Lucense en activo dende 2006. Tras formar grupo con Ouro e publicar traballos como “Rap Daniels” (2012) ou “Inventio” (2013), no ano 2017 lanza a súa primeira referencia en solitario co LP “Rashida” baixo o selo Fume Records e a produción de La Sombra del Humo .
Erin (20:00 horas)
É un artista de Rap, Raggamuffin e Dancehall e integrante do grupo Comando Katana e o colectivo La Utopia del Norte, nacido en Santiago de Compostela no 1988. Dende fai xa uns cantos anos presenta a súa música en directo en festivais, clubes e festas por todo o territorio Nacional e Europeo. Compartíu escenario con alguns dos artistas internacionais máis destacados neste momento como B-Real (Cypress Hill) ou XZBIT, e nacionais coma o gran Kase O.
FonKid ( 20:50 horas)
O patrón de Under The Ball, promotora e programa de radio no que se venera o xénero Disco. Este selector adora a música Disco no seu aspecto máis puro sen descoidar as edicións actuais dos clásicos discoides e tentando nos seus conxuntos acomodar a Italo e Cosmic, sempre cavilando nos segredos da década onde as bolas de espellos dominaron o mundo para facer dos bailes unha mestura de hedonismo e danza salvaxe.
Mandruka ( 22:00 horas)
É unha banda de ElectroFunk gañadora do primeiro premio de música negra dos respectados Enlace Funk. Mesturan influencias dos oitenta do xénero Prince, Zapp con sons actuais na onda de grupos como Chromeo, Tuxedo o DamFunk. Os temas están producidos por Al Pachyño e as letras compostas por Blanquito Smith. Nas súas cancións mesturan caixas de ritmos con baixos sintetizados, talk box, solos de sintetizadores e de guitarra; todo isto combinado con letras hedonistas e intimistas. Esta mistura resulta ideal para incitar ao baile e facer de cada concerto unha festa única.
Dj Limbo (23:20 horas)
Comenza a súa andaina cos vinilos a mediados dos anos 90. Daquela a cidade de Vigo empeza a integrar o hiphop nos clubes de música de culto. Destaca traballando como dj dos grupos DrumDrama, Rack Eterno, Pillo Astuto ou Woyza entre outr@s, a vez de traballar como dj de batallas de Break Dance e de Mcs, e como dj session de calquera nos clubes máis reconocidos de música negra en Galicia e outras localidades. Un Old School de alto copete.
Gama (24:30 horas)
Tras moitos anos na música, Mister O decide crear un proxecto audiovisual xunto con Mister T, momento único que persegue o obxectivo de demostrar que a arte do Turntablism, a música Freestyle e as artes Visuais poden mesturarse nun mesmo show, e que teñen todavía moito percorrido no noso país.
Estes dous artistas xúntanse agora nun novo proxecto chamado GAMA: siglas das súas respectivas procedencias, Galicia e Madrid, e tamén símbolo da unión dos seus gustos musicais similares. Despois de ter actuado xuntos en varias ocasións decatáronse de que compartían moitas cousas e iso levoulles a montar esta formación audiovisual.
Estilos musicais coma o Dubstep – Ghetto Funk – Rap – Rock – Reggae – Uk Garage – Jungle – Drum&bass – Jazz – Soul – Electro Swing – Blues – Rockabilly – Future Bass – Tribal Dancehall – Liquid – Trip Hop – Old&New School – Break&Broken Beat – Balkan – Breakfunk – Latin Breaks – World Music – Electro Blues – Afrobeat – Nortec – Electrónica e Mashups de alta octanaxe únense nas súas sesións de Freestyle chegando así a todo tipo de público.