Post Image
Compartir

As Nocturnas 2018

Vive unhas noites de venres diferentes no Museo Centro Gaiás! Coas Nocturnas poderás gozar dunhas visitas comentadas ás exposicións moi especiais pois en grupos reducidos e fóra do horario habitual do recinto -21h- poderás mergullarte na arte na compaña de boa música e petiscos.

As catro sesións programadas incluirán visitas comentadas ás exposicións Baldomero Pestana, a verdade entre as mans (24 e 31 de agosto) e Galicia Universal. A arte galega nas coleccións ABANCA e Afundación (7 e 14 de setembro). Nelas achegarémonos, dun xeito ameno e distendido a estas dúas mostras ben diferentes, pero igualmente imprescincibles. No caso das sesións do 24 e 31 de agosto, a actividade estará amenizada cunha pinchada de Mr.Fishman aka Dr.Think, mentres que nas de setembro a sesión DJ correrá a cargo de Álex Nite.

A primeira das xornadas contará cunha degustación de queixos, mentres que nas tres restantes poderás gozar dunha cata con explicacións máis polo miúdo. As catro, grazas á colaboración da D.O.P. Arzúa Ulloa. Deste xeito,  nas Nocturnas  poderás deleitar o padal, á vez que descubrir e aprender a diferenciar as diferentes características dun alimento de tanta tradición en Galicia como é o queixo.

En definitiva, unhas noitiñas de verán distendidas cun plan diferente no que combinar arte e conversas pausadas con boa música e deliciosos petiscos.

Entradas: 

Share in
Tagged in