Jazz, Folk, Fado, Folclore Latinoamericano – Rias Baixas
Sheila Patricia, cantora e compositora natural das Rías Baixas.
A súa música bebe do Jazz, do Folk galego, do fado e do folclore latinoamericano.
A artista comeza a súa carreira profesional en Solitario en 2015, presentando os primeiros temas do que será, posteriormente o seu primeiro disco: “El camino de los sueños”. Este estrénase en 2017, no teatro principal de Pontevedra, cunha positiva acollida e repercusión en Pontevedra e arredores.
Viaxa con este traballo por diferentes lugares da Península, norte de Portugal, e, fundamentalmente Galicia. En Arxentina, preséntase dentro do marco do Festival de Cosquin, no “Encontro de poetas coa xente”, facendo regresar en anos consecutivos a Sheila ao país do sur en numerosas ocasións.
Finalista en 3 anos consecutivos do Certame Nacional de Cantautores de Burgos entre 2015 e 2017. Finalista do Certame Cantando a la Riviera de Gata. Ou no Santiautor.
Sheila explora actualmente a síntese do tradicional co actual, vangarda e tradición. Pasando por sons electrónicos, traballa con loopers, pedáis e Pads.
Está a xirar co seu proxecto “Camiño Branco”, inspirado nos versos de Rosalía de Castro.
Camiño Branco é o novo espectáculo de Sheila Patricia.
Inspirado nos versos de Rosalía de Castro, “Camiño Branco” ´e un poema musicado por Sheila Patricia, que aparece no libro “Follas novas” de Rosalía de Castro.
A autora, impactada pola profundidade do poemario, e nunha homenaxe aos clásicos galegos, dedícalle a súa xira a esta Rosalía, reivindicativa, con inquedanzas e cun discurso moi innovador..
Facendo unha simbiose co Camiño de Santiago, Sheila Patricia fai un percorrido por diferentes espazos máxicos galegos, así coma diferentes épocas da nosa terra, as profesións máis característica e o papel da muller na sociedade galega, especialmente rural.
Con composicións propias así coma versións de temas de sempre, levados a unha estética elegante, intimista e profunda.
A nivel sonoro, é unha viaxe moi experimental, entre o acústico e a mistura co electrónico.
Con composicións propias da artista, canción popular galega fusionada e adaptada a ritmos modernos e poemas musicados pola artista.