Sonâmbulum é un trío en formato acústico xestado na Comarca da Ulloa que mestura folk, pop ou country en temas propios e versións.
Están a estrear este proxecto, nado en marzo de 2022 a partir de inquedanzas moi diversas entre os seus compoñentes que buscan a fusión integral de estilos.
Sonâmbulum adapta o seu repertorio e o seu son ás necesidades de calquer espazo. Indicados tanto para acústico puro como amplificados, é un formato idóneo para espazos pequenos, eventos, prazas e outros exteriores.
A maioría dos temas son de creación propia, en galego e inglés, que falan con certa ironía do absurdo do cotiá.
Integrantes
Lúa Aguete
Percusionista e baterista con raíces no tradicional, forma parte de Cuarta Xusta e El Borrón del Escribano.
Manuel Escariz
Guitarrista e compositor galaico-alemán con traxectoria musical dende a música clásica, pasando polo flamenco e tradicional galego ata o heavy metal. Formou parte de agrupacións como West Side Bones ou Fairy Tails.
María Pardo
Cantante e letrista. Iniciouse no canto tradicional e continuou investigando outros estilos como country, jazz ou swing. Actualmente forma parte de grupos como Coro Encaixe ou Por mí swing.