Post Image
Compartir

Os nosos queridos Berta Franklin foron os encargados de poñer a banda sonora o vídeo promocional dos concertos de este verán nos Atardeceres do Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia. A canción elexida e Somos incendio. Moitos parabens rapaces.

Aquí vos deixo o video:

ATARDECER NO GAIÁS, A BANDA SONORA DO VERÁN

A música ten un peso moi importante en Verán no Gaiás, onde Atardecer no Gaiás volve ser o seu prato estrela. Por este motivo, a presentación da programación contou cunha pequena actuación, en formato acústico, de Laura Lamontagne.  Esta actriz, compositora e intérprete de Lugo actuará nun dos 20 concertos deste ciclo de balde, ao aire libre e ao solpor. 

Do 4 de xullo ao 18 de agosto e todos os xoves, venres e sábado —a excepción do 25 de xullo— subiranse ao escenario Alhambra da Praza Central do Gaiás sete grupos galegos, entre os que están Agoraphobia ou De Vacas; nove nacionais, como Cecilia Krull, compositora e intérprete do tema estrela de ‘La casa de papel’, ou Las Migas, formación na que cantou Silvia Pérez Cruz; e catro internacionais como Kumbia Boruka, de México ou Labaq, do Brasil.

A banda sonora do verán que conforman as actuacións deste ciclo volve amosar un repertorio ecléctico en estilos —cumbia, trap, hip hop, pop, rock, indie ou reggae—e unha forte presenza e aposta, un ano máis, polas voces femininas; desde as que contan xa cunha carreira consolidada como a colombiana Miss Boliva ata artistas e formacións novas e emerxentes como a mesma Laura Lamontagne ou as arxentinas Kumbia Queers.

Share in
Tagged in