Post Image
Compartir

SILVIA PENIDE EDITA O SEU SÉPTIMO DISCO DE ESTUDIO: EL EFECTO BOOMERANG*O venres 5 de abril chegan as cancións ás plataformas dixitais* El Niño de la Hipoteca Records será o seu selo discográfico* A Xira de presentación comeza en Arteixo o 3 de maio* No disco participan Javier Álvarez e Uxía Pedreira.

Silvia Penide edita o cinco de abril o seu séptimo disco de estudio “El efecto boomerang”. Unha nova colección de cancións que chegan xusto cando acaba de finalizar a xira Raiz coa que celebraba quince anos de carrera musical.As letras da artista galega transmiten sensibilidade e mensaxes que van calando ata atrapar a quen se deixa engaiolar pola sua voz. 

Un disco grabado en el Estudio Raro Tempo de Madrid, producido por David San José (productor e músico de artistas como Ana Belén ou Víctor Manuel) no que se rodeou de grandes colaboracións como Javier Álvarez e Uxía Pedreira, ademáis do luxo da masterización de José María Rosillo.

Un directo de Silvia Penide e unha experiencia que aporta felicidade porque ela transmite a sua felicidade dende o esceario, un espazo que sinte como a sua casa. O venres 3 de maio ás 20:30 estrea o disco en directo con banda completa no Auditorio de Arteixo, localidade na que vive toda a sua familia.

A edición en formato físico do disco chegará á volta da Semana Santa cunha festa e sinatura de discos.

Primeiro videoclip e single: El salto – Silvia Penide

Share in
Tagged in