TEXTO: CIDADE DA CULTURA

Nos meses de estío sobran os motivos para desexar estar fóra da casa ata a caída do sol, mais a programación de Verán no Gaiás dáche 20 desculpas para alongar os días e acurtar aínda máis as noitiñas: os concertos do ciclo ao aire libre de Atardecer no Gaiás. Actuacións en directo, de balde, todos os xoves, venres e sábados do 4 de xullo ao 17 de agosto, ás 21 horas na Praza Central do Gaiás, á chegada do solpor.
Atardecer no Gaiás 2019 contará con 20 bandas e artistas para pórlle a banda sonora aos solpores do verán. Este ciclo de concertos ao aire libre e ao caer o sol é unha das citas consolidadas da época estival. O seu cartel sempre xera expectación para estar ao día da actualidade musical tanto a nivel internacional como galega, que conta cun peso relevante e de estilos variados.
Deste xeito, vas poder escoitar enriba do Escenario Cervezas Alhambra o traballo de excepcional calidade que se está a facer en Galicia no eido da música, con artistas como as galegas De Vacas, coas súas divertidas e corrosivas versións, ou Agoraphobia, que contan cun recoñecemento unánime pola crítica especializada e que fai que nos últimos anos estean nos carteis de festivais de toda España.
Este ciclo tamén trae á Praza Central do Gaiás artistas do eido nacional que tamén están a triunfar, como é o caso de Cecilia Krull, que abrirá o ciclo. O jazz desta madrileña, autora e intéprete valeulle ter acadado ‘Discos de Ouro’ en Francia e ‘Platino’ en Italia, onde os seus temas teñen estado liderando as listas das súas emisoras.
No eido internacional, choutarás en Atardecer no Gaiás cos ritmos de Miss Bolivia, cantante arxentina de hip hop e cumbia comprometida con loita feminista, que tamén traslada ás súas letras.
Unha escolma, a desta edición, que volve, confirmar a aposta do ciclo polas voces femininas, como son as potentes Kumbia Queers da Arxentina, e tamén por xéneros emerxentes con éxito entre a xeracións máis novas, como o trap ou a cumbia (Kumbia Boruka). Neste cartel non se esquecen estilos xa imprescindibles neste ciclo ao solpor como son o indie (Floridablanca ou Monterrosa) o pop ou o rock, no que sempre hai unha fiestra aberta para grupos galegos emerxentes, como os lucenses Berta Franklin ou os composteláns Malraio.P
XULLO
En este mes la agencia y promotora de eventos Trasnosound, tendrá a tres grupos de alto copete en el Escenario Cervezas Alhambra.
S6 xul LAURA LAMONTAGNE (GALICIA). Sons intimistas en galego e en inglés para deixarse arrolar mentres cae o sol no Gaiás. Unha voz cálida e prodixiosa, que nos fala do desexo, dos afectos e de espazos comúns, onde é difícil non sentirnos nalgún momento reflectidas e reflectidos.
S13 xul SOULMACKLEIN (GALICIA). O que foi membro dun dos grupos máis importantes de hip hop en Galicia, Delahoja, dá o salto en solitario achegándose ao Reggae con cancións positivas. Ritmos e letras das que presta escoitar e deixarse levar no verán.
S27 xul BERTA FRANKLIN(GALICIA). Chamada a ser a superbanda de Lugo, estes cinco músicos con bagaxe noutras formacións logran un son propio e coidado, que vai desde Soul americano clásico aos novos estilos que despregarán para nós na Praza Central do Gaiás.