Post Image
Compartir

LAURA LAMONTAGE & SHEILA PATRICIA 

Dende a axencia promotora Trasnosound temos o pracer de presentarlles a estas duas novas artistas.

Laura Lamontagne
É unha cantante, poetisa e amateur do audiovisual. Descubriu no acto de recitar un lugar idóneo para a expresión artística grazas a asistir aos recitáis santiagueses de Caldeirería 26Serpes na Cachola, os Slam Poetry de Compostela e, máis recentemente, á Noite Poética de Lugo.

Durante o ano 2018 comenzou o seu proxecto en solitario no que mistura audiovisual, poesía e música; concertos con título propio: “La Elegía de la Huerta”.

Sheila Patricia
Cantora e compositora natural das Rías Baixas. A súa música bebe do Jazz, do Folk galego, do fado e do folclore latinoamericano. A artista comeza a súa carreira profesional en Solitario en 2015, presentando os primeiros temas do que será, posteriormente o seu primeiro disco: “El camino de los sueños”. 

Este estrénase en 2017, no teatro principal de Pontevedra, cunha positiva acollida e repercusión en Pontevedra e arredores.


Share in
Tagged in