Compartir

Texto: Narci Rodríguez aka Izh- Rhan

Ka-boom!..O vídeo do TRAVELS de dA Trio é voso!…. O último corte do novo disco REFLEXIÓNS protagonizou a publicación do segundo single. Teño moita sorte xa non por ter os mellores compañeiros do Mundo que son Zalo e Martiño senón porque esta vez traballei con dúas persoas marabillosas e cheas de talento.

Elas son Abraham Romo e Cris Morquillas que se implicaron no proceso creativo do vídeo e pegáronse unha currada colosal no vídeo e na animación 3D respectivamente (Bueno, e aturarme a mín). Estou eternamente agradecido do gran presente que me fixéchedes: Obrigado!
Agradezo tamén ao concello de Negreira polo bó trato e a Sonaxe polo backline. Agardo que vos mole moito e que compartades e comentredes a vontade!

dA Trio


#reflexions #narcirodriguez #dAtrio #travels #neosoul

Share in
Tagged in