Outro ano máis e xa van 14, Sanfroidance, o festival de música negra e electrónica organizado polo Concello de Lugo e a promotora Trasnosound Events, vai encher de beats e baile horizontal e vertical a Praza da Soidade de Lugo o Sábado 5 de Outubro de 2019 a partir das 15:00 horas dentro da programación das festas patronais do San Froilán.
Este ano ademais da música, como noutras edicións, o festival conta con actividades paralelas. A sorpresa que ten preparada esta edición é a celebración do I Campionato Nacional de #Xiradiscos Portátiles, comisariado polos Dj´s José Rodriguez e Ozetak, dende as 15:00 horas na Praza da Soidade.
A particularidade deste ano respecto dos outros é que os artistas da XIV edición son #Galegas e #Galegos ou teñen compoñentes Galegos/as nas súas formacións.
A presentación do festival corre da man do Beatboxer Izh Rhan e a parte visual, que coma en tódalas ocasións consideramos de gran importancia, unha vez máis correrá a cargo do VDJ Lucense #DobleK.
A imaxe do cartel anunciador é dun dos grafiteiros máis importantes do país, coñecido tamén internacionalmente polas súas obras de arte,Zeta1970.
Por orden de actuación nombrámosvos os/as artistas que nos van a acompañar este ano.
Rendi Nue (17:00 horas)
Rapeira e compositora que reside en Santiago de Compostela. Dende moi nova interésase por estilos musicais coma o #rap, #triphop, #neosoul ou#reggaedub, centrando o seu estilo na música urbana e comezou a encher cadernos compoñendo raps e combinando outros estilos musicais coma a#electrónica.
Bush Doctors (18:00 horas)
É unha banda de #Reggae e #Roots fundada no ano 1994. O seu recoñecemento chegaría un ano máis tarde coa súa participación no “The Bright Miracle Show”. Na súa longa traxectoria compartiron escenario con artistas ou bandas internacionais como: Burning Spear, Rita Marley, Sista Carol, Hijas del Sol, Alpha Blondy, Culture, Laurel Aitken, Linval Thompson e Julian Marley entre outros.
MarvinL (19:00 horas)
Artista Lucense en activo dende 2006. Tras formar grupo con Ouro e publicar traballos como “Rap Daniels” (2012) ou “Inventio” (2013), no ano 2017 lanza a súa primeira referencia en solitario co LP “Rashida” baixo o selo Fume Records e a produción de La Sombra del Humo.
Erin (20:00 horas)
É un artista de #Rap, #Raggamuffin e #Dancehall e integrante do grupoComando Katana e o colectivo La Utopia del Norte, nacido en Santiago de Compostela no 1988. Dende fai xa uns cantos anos presenta a súa música en directo en festivais, clubes e festas por todo o territorio Nacional e Europeo. Compartíu escenario con alguns dos artistas internacionais máis destacados neste momento como ou #XZBIT e nacionais coma o granKase.O.
#FonKid ( 20:50 horas)
O patrón de Under The Ball promotora e programa de radio no que se venera o xénero #Disco. Este selector adora a música Disco no seu aspecto máis puro sen descoidar as edicións actuais dos clásicos discoides e tentando nos seus conxuntos acomodar a #Italo e #Cosmic, sempre cavilando nos segredos da década onde as bolas de espellos dominaron o mundo para facer dos bailes unha mestura de hedonismo e danza salvaxe.
Mandruka ( 22:00 horas)
É unha banda de #ElectroFunk gañadora do primeiro premio de música negra dos respectados Enlace Funk. Mesturan influencias dos oitenta do xénero #Prince, #Zapp con sons actuais na onda de grupos como#Chromeo, #Tuxedo o #DamFunk. Os temas están producidos por Al Pachyño e as letras compostas por Blanquito Smith. Nas súas cancións mesturan caixas de ritmos con baixos sintetizados, talk box, solos de sintetizadores e de guitarra; todo isto combinado con letras hedonistas e intimistas. Esta mistura resulta ideal para incitar ao baile e facer de cada concerto unha festa única.
#DjLimbo (23:20 horas)
Comenza a súa andaina cos vinilos a mediados dos anos 90. Daquela a cidade de Vigo empeza a integrar o hiphop nos clubes de música de culto. Destaca traballando como dj dos grupos #DrumDrama, #RackEterno,#PilloAstuto ou WÖYZA entre outr@s, a vez de traballar como dj de batallas de Break Dance e de Mcs, e como dj session de calquera nos clubes máis reconocidos de música negra en Galicia e outras localidades. Un #OldSchool de alto copete.
Gama (24:30 horas)
Tras moitos anos na música, #MisterO decide crear un proxecto audiovisual xunto con #MisterT, momento único que persegue o obxectivo de demostrar que a arte do #Turntablism, a música #Freestyle e as artes Visuais poden mesturarse nun mesmo show, e que teñen todavía moito percorrido no noso país.
Estes dous artistas xúntanse agora nun novo proxecto chamado GAMA: siglas das súas respectivas procedencias, Galicia e Madrid, e tamén símbolo da unión dos seus gustos musicais similares. Despois de ter actuado xuntos en varias ocasións decatáronse de que compartían moitas cousas e iso levoulles a montar esta formación audiovisual.
Estilos musicais coma o Dubstep – Ghetto Funk – Rap – Rock – Reggae – Uk Garage – Jungle – Drum&bass – Jazz – Soul – Electro Swing – Blues – Rockabilly – Future Bass – Tribal Dancehall – Liquid – Trip Hop – Old&New School – Break&Broken Beat – Balkan – Breakfunk – Latin Breaks – World Music – Electro Blues – Afrobeat – Nortec – Electrónica e Mashups de alta octanaxe únense nas súas sesións de Freestyle chegando así a todo tipo de público.
XIV SANFROIDANCE
LUGAR: PRAZA DA SOIDADE (LUGO)
DÍA: SÁBADO 5 DE OUTUBRO 2019
HORA: A PARTIR DAS 15:00 HORAS
ORGANIZA: CONCELLO DE LUGO & TRASNOSOUND
#sfdc#sfdc2019#XIVsfdc#sanfroidance#sanfroidance19#sanfroidance2019#sanfroilan#lugo#prazadasoidade#musicistheanswer#lugoslavia#galifornia#festa