E xa van duas veces que unha das nosas artistas recibe un Martín Códax da música, dende aquí lle mandamos os nosos parabens.
Texto Silvia Penide
Onte foi unha noite para celebrar o AMOR por un gremio, por unha profesión, por un modus vivendi.
Foi un acto de reivindicación e un paso firme.
Estou moi orgullosa de formar parte desta familia xenerosa, traballadora, soñadora, creativa…
Non contaba con voltar subir a recoller o premio, o premio xa é adicarme a isto en corpo e alma, pero GRAZAS a quen considerou que o merezo.
GRAZAS a @tomidesastre , mánager e ser excepcional e GRAZAS á miña banda actual: @brunodrummer_ , @musica_carla e @paulalvarezguit e a toda a xente coa que toquei ou traballamos en proxectos nalgún momento, e GRAZAS por suposto á xente que me escoitades… Sodes Penide!!!
GRAZAS tamén á organización, a xente loitadora de #MúsicasAoVivo por un discurso cheo de poderosas accións e palabras e por unha gala de 10 nestes momentos tan complicados.
Moito ánimo, moita música e moita forza para seguir enchendo o mundo de maxia!! Que o máis contaxioso sexa o agarimo!!
LONGA VIDA Á MÚSICA AO VIVO!!!