Post Image
Compartir

DOUS ARTISTAS DESTA CASA NO FESTIVAL MODULARTEC
3º ENCONTRO DE SÍNTESE MODULAR DA CORUÑA
2 E 3 DE OUTUBRO 2020

Encontro de Síntese Modular da Coruña. Como nas anteriores edicións, o cartel de Modulartec reúne a un conxunto de artistas que traballan na vangarda da música e que teñen como denominador común o uso de sintetizadores modulares, que combinan con outros instrumentos como percusión, guitarras ou, como no caso de Biyi Amez, o theremin, que neste 2020 cumpre 100 anos dende a súa invención.

Seis sesións repartidas en dous días, viaxaremos por paisaxes sonoras que van desde a experimentación electroacústica de Telémaco ata o ambient, ou desde a revisión de pezas de música clásica ata o sonido industrial. Un universo sonoro filtrado polo primeiro e quizáis máis puro formato do que coñecemos como música electrónica: a síntese modular.

Share in
Tagged in