#CULTURASEGURA #CULTURASEGURALUGO Concierto Cultura Urbana DJ Evento Festival Galicia Galicia Calidade Lugo Música Noticia Prensa San Froilán Sanfroidance SFDC Trasnosound

XV EDICIÓN SFDC 2020

30/09/2020
Post Image

Chegamos á XV edición do festival de música negra e electrónica Sanfroidance, organizado polo Concello de Lugo e a promotora Trasnosound cun cartel dividido en dous días, o 9 de Outubro estará adicado á música negra, teremos os concertos das bandas Mojo Experience e The Lazy Bones na Praza Camiño Primitivo e o 10 de Outubro na Praza Agro do Rolo actuaran as bandas Allova e Terrae, ambos días acompañáselles ás visuais o videoartista Juanma Lodo.

GRUPOS SFDC 2020

Os concertos empezarán ás 20:00h e para o seu acceso deberán cumprirse os protocolos establecidos polas autoridades sanitarias. As cadeiras estarán separadas 1,5 metros en todas as direccións e haberá dispensadores de xel hidroalcoholico. O recinto estará valado e para poder acceder ao os concertos será preciso reservar entrada previamente no portal www.entradaslugo.es.

XV SANFROIDANCE

LUGAR: Prazas Camiño Primitivo e Agro do Rolo (Lugo).
DÍAS: 9 e 10 de Outubro de 2020.
HORA: de 20:00 a 22:30.
ORGANIZA: Concello de Lugo & Trasnosound Evens.

#CULTURASEGURA Concierto DJ Evento Galicia Galicia Calidade Grupo Music Música Noticia Noticias Prensa Trasnosound

MODULARTEC

30/09/2020
Post Image

DOUS ARTISTAS DESTA CASA NO FESTIVAL MODULARTEC
3º ENCONTRO DE SÍNTESE MODULAR DA CORUÑA
2 E 3 DE OUTUBRO 2020

Encontro de Síntese Modular da Coruña. Como nas anteriores edicións, o cartel de Modulartec reúne a un conxunto de artistas que traballan na vangarda da música e que teñen como denominador común o uso de sintetizadores modulares, que combinan con outros instrumentos como percusión, guitarras ou, como no caso de Biyi Amez, o theremin, que neste 2020 cumpre 100 anos dende a súa invención.

Seis sesións repartidas en dous días, viaxaremos por paisaxes sonoras que van desde a experimentación electroacústica de Telémaco ata o ambient, ou desde a revisión de pezas de música clásica ata o sonido industrial. Un universo sonoro filtrado polo primeiro e quizáis máis puro formato do que coñecemos como música electrónica: a síntese modular.

#CULTURASEGURA #CULTURASEGURALUGO Concierto Covid_19 DJ Evento Festival Galicia Galicia Calidade Gastromusical Lugo Music Música Noticia Noticias Prensa San Froilán Sanfroidance SFDC Shows Trasnosound Video

#CULTURASEGURALUGO

29/09/2020
Post Image

Os traballadores e traballadoras da música de Lugo abaixo asinantes, expoñen: Que ante as críticas xurdidas pola realización de concertos, incluidos os de San Froilán, queremos realizar as seguintes puntualizacións:

1. Os concertos están organizados cumplindo rigurosamente tódalas medidas de seguridade establecidas. Son ambientes seguros. Somos as primeras persoas interesadas en que así sexa, xa que a nosa saúde, a da veciñanza e a dos nosos seres queridos tamén está en xogo.

2. A cultura è un ben de primeira necesidade, que debe ser tratado como tal, e polo tanto dèbese facer todo o posible para que poida seguir achegándose á xente.

3.As actividades culturais atè o de agora realizadas na cidade de Lugo, inclídas as salas (por desgraza, actualmente pechadas), veñen sendo exemplares.

4. Programar música, non só è un apoio ao sector, senón tamèn un ben ao que ten dereito a totalidade da cidadanía.

5. Queremos mostrar o noso agradecemento e animar a tódalas persoas implicadas a seguir programando con cultura con responsabilidade.

Silvia Viñas Rojo, Manuel Sánchez Arroyo, Sergio Abuín Guzmán, Guillermo abraldes rois, Carlos Martínez López, Miguel Bello Godoy, Miguel Angel Martinez Rodriguez, María Castro Castedo, Sara Pérez Cruz, Alejandro Fernández López, Adrián Arias Castiñeira, Alvaro Pardo Garcia, Luis Montero Núñez, Borja López López, Jose Ángel Sánchez Porto, José Antonio Salvador López, Rodrigo López Muñoz, Jacobo Souto Pérez-Balsa, Javier Gómez Vila, Jesús Manuel Varela Bravo, Domingo López Rodríguez, Chiruca Gómez Fernández, Iria Estèvez Pacios, Gonzalo Piña Viña, Tino Freijo Andión, Raquel Pérez Blanco, Marcos Veiga Corredoira, Paul Baker, Julián Salas Lince, Luis Perez Castro, Jose Antonio García, Iván Reija Varela, Alejandro Meilán Vázquez, Ezequiel Orol López, Noelia Geada Folgueira, Antonio Otero Fernández, Gisela Navarro Quirós, Cesar López Suárez, Pedro Insua Fernández, Luis Monsalve Calvo, Francisco López Castro, Carlos Doval Penelo, Enrique Castro Portomeñe, Pablo Díaz Rodríguez, Xabier perez castro, Carlos García-Boente Carro, David Taboada López, Jairo López quiñoa, Saulo Sause-Vázquez Soldevilla, Enrique Fernández Muruáis, Enrique López Cendán, Raquel López Cendán, Miguel Basanta Bal, Borja García, Jorge Tojeiro, Tino lopez lopez.

Compartir mola moito, axudanos a difundir este video e comunicado, #Grazas.

#CULTURASEGURALUGO#CULTURASEGURA