Chegamos á XV edición do festival de música negra e electrónica Sanfroidance, organizado polo Concello de Lugo e a promotora Trasnosound cun cartel dividido en dous días, o 9 de Outubro estará adicado á música negra, teremos os concertos das bandas Mojo Experience e The Lazy Bones na Praza Camiño Primitivo e o 10 de Outubro na Praza Agro do Rolo actuaran as bandas Allova e Terrae, ambos días acompañáselles ás visuais o videoartista Juanma Lodo.

Os concertos empezarán ás 20:00h e para o seu acceso deberán cumprirse os protocolos establecidos polas autoridades sanitarias. As cadeiras estarán separadas 1,5 metros en todas as direccións e haberá dispensadores de xel hidroalcoholico. O recinto estará valado e para poder acceder ao os concertos será preciso reservar entrada previamente no portal www.entradaslugo.es.

LUGAR: Prazas Camiño Primitivo e Agro do Rolo (Lugo).
DÍAS: 9 e 10 de Outubro de 2020.
HORA: de 20:00 a 22:30.
ORGANIZA: Concello de Lugo & Trasnosound Evens.