Concierto Evento Galicia Galicia Calidade Lugo Música Noticia Nuevo Artista O vello cárcere Taller Trasnosound

BIYI AMEZ NO VELLO CÁRCERE DE LUGO

28/09/2020
Post Image

A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que o vindeiro domingo o Vello Cárcere acollerá un obradoiro e un concerto de Theremin da man de Biyi Amez. “Trátase dunha grande oportunidade para coñecer máis polo miúdo este instrumento da man dun dos maiores especialistas na súa interpretación”, explicou Maite Ferreiro.

BIYI AMEZ

Un total de 10 persoas poderán participar no obradoiro, que dará comezo ás 10 e terá unha duración de dúas horas. A partir das 13 horas terá lugar un concerto con obras de theremin interpretadas polo propio Amez. A actividade será gratuíta máis pola limitación de cabida deberá reservarse previamente no 010 ou no 982 297 350.

Theremin

O theremin é un instrumento electrónico creado no 1919 por Lev Thermen. Trátase dun dos primeiros instrumentos electrónicos da historia e o máis antigo dos que se utilizan hoxe en día. O son xérase mediante circuítos eléctricos, e amplifícase de maneira totalmente eléctrica, sen utilizar ningún elemento mecánico.

BIYI AMEZ

Audio

  • A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre o Obradoiro de Theremin, no Vello Cárcere| Descargar mp3